CONECTAMOS O RURAL
COAS CIDADES,
AO ARTESÁN
CO CIDADÁN

O desenvolvemento do rural tamén depende das empresas que apostades por proxectos nestes territorios, de vós que construides sobre modelos de negocio sustentábeis, creades emprego e oportunidades para reter o talento rural, axudando así ao progreso e crecemento destas zonas. Para que as cidades miren ao campo, o coñezan e aposten por el, é importante dar voz ao que facedes.

Como o facemos?

Storytelling

Narramos a túa historia para que saiban quen es e cal é o teu propósito.

Prensa

Damos visibilidade nos medios de comunicación ao teu traballo.

Presentacións

Achegamos a túa artesanía a través de experiencias.

VENCELLAMOS PROXECTOS
PARA CREAR COMUNIDADE
ENTRE TODOS

Para crear unha rede de proxectos forte e eficaz, especialmente nas zonas máis illadas, a cooperación é esencial. Nós axudámoste a crear sinerxias con outras iniciativas a través de novas propostas, como a participación en plataformas de innovación social e outros eventos.

Facemos o nó que
ata a cidade ao campo